Musical La Fuerza del destino Mecano en Vilagarcía

“La fuerza del destino” chega a Vilagarcía de Arousa para render tributo ao grupo Mecano
A oferta musical para a temporada de outono no Auditorio inclúe no mes de novembro unha viaxe á década dourada do pop español da man dun dos grupos que máis éxitos colectaron ao longo das décadas dos 80 e 90: Mecano. Os temas máis famosos do trío composto por Ana Torroja e os irmáns José María e Nacho Cano serán interpretados e dramatizados con coreografías e sketchs no espectáculo “La Fuerza del destino”, que se representará o sábado, 17 de novembro, a partir das 21:00 horas. O musical chega a Vilagarcía tras ser visto no último ano por máis de 25.000 espectadores de toda España.
Un grupo de entre oito e dez bailaríns-cantantes sairán a escena para representar este tributo a Mecano interpretando unha vintena dos temas máis famosos do grupo, acompañados polas correspondentes coreografías. A música será en directo e correrá da man de cinco expertos músicos. Hoy no me puedo levantar, No hay marcha en Nueva York, Cruz de navajas, 7 de Septiembre, Hijo de la luna, Me cuesta tanto olvidarte, Bailando salsa, Barco a Venus, Maquillaje, e o tema que da título ao espectáculo, La fuerza del destino, son so unha mostra das cancións incluídas no musical.
As estradas para presenciar “La fuerza del destino”, Tributo a Mecano, xa están dispoñibles a través da web http://www.servinova.es  es da billeteira telefónica 902 504 500. Tamén se poderán adquirir o día da función, a partir das sete da tarde, na billeteira do Auditorio. Os prezos son 25 euros zona A y 20 euros zona B e C.
SINOPSIS
Mecano é o grupo español máis importante da historia. Tras vender máis de vinticinco millóns de discos e conquistar o corazón e as gorxas de tres xeracións, agora chega o mellor homenaxe musical a Mecano, un espectáculo musical que está arrasando en España.
Despois de dous anos de xira colleitando grandes éxitos, a produtora deste tributo a Mecano, Ático Luna, presenta un novo proxecto “La Fuerza del Destino 2.0.”, unha nova posta en escena creada por Hansel Cereza, que percorre as cancións de Mecano utilizando unha viaxe en metro como fío condutor. Un espacio urbano onde milleiros de persoas viviron no seu día a día todo tipo de experiencias que se utilizan como lugar simbólico da movida madrileña dos 80.
La Fuerza del Destino é espectáculo de gran formato para todos os públicos. A música é totalmente en directo. Estilos como pop, rock, salsa, jazz, soul o flamenco soan da man de cinco grandes músicos. O corpo de baile compóñeno oito bailaríns con grandes traxectorias en musicais dos teatros da famosa “Gran Vía” de Madrid. Tamén conta cos campións españois de salsa acrobática.

Turismo Galicia

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *